Memento Vivere. Memoria, entorno, vivencias e relatos III

De Polbo a polvo: a desaparación da pesca tradicional

Imaxe dun bote polbeiro conservado

Repasamos aquelas artes de pesca que están en proceso de extinción ou xa extintas, centrándonos no Bote Polbeiro e na Lancha Xeiteira. Dispoñible en: https://lapartetrasera.blogspot.com/2019/03/de-polbo-polvo-desaparicion-da-pesca.html

Imaxe da vela dun bote polbeiro

INTRODUCIÓN

A búsqueda dun patrimonio en desaparición, nunca é unha tarefa sinxela. A primeira idea con fundamento que se nos pasou pola cabeza, foi unha relacionada co mundo pesqueiro, cas lendas que abordan devandito mundo e as súas tradicións mais antigas da Galiza. Esa base principal, foise matizando en base ao proceso de documentación, o cal se alongou algo mais do esperado. Toda esta búsqueda de información, culminou ca,  finalmente, idea escollida, unha embarcación en desaparición, prácticamente desaparecida, orixinaria de Bueu (Pontevedra), o bote polbeiro, barco que se adicaba, principalmente, a captura de polbos na zona das rías baixas.


CORPO DA APS

Unha vez tendo o tema a tratar definido, o seguinte paso que había que dar era o de diseñar unhas pautas, mediante as cales estruturariamos a APS. Decidimos dividir o bote polbeiro e todo o que o rodea, nunha serie de contextos: a historia da embarcación, a fabricación do bote, as partes que o compoñen, as técnicas de pesca usadas, experiencias persoais de traballadores, e o proceso de desaparición da embarcación. Para levar adiante está estrutura, fixemos unha división interna, de xeito que cada un de nos de adicaria a realización dun apartado ou de outro. Un dos actos chaves da APS,  foi as viaxes a Bueu, nas cales puidemos recolectar unha grande cantidade de material audiovisual, grazas as entrevistas que concertamos con persoas, asociacions e institucions, que nos axudaron a levar o noso traballo por camiños fructíferos. En Bueu, tamen puidemos acadar planos recursos, que se complementarian con todas esas entrevistas que gravamos.

Todo ese material que recollimos en Bueu, sería o complemento perfecto para darlle forma a idea principal do proxecto, unha imaxe en duas dimensions do bote polbeiro, realizada por unha profesional do ámbito da animación, na cal amosariamos devandito material dunha forma innovadora, orixinal e correcta. Todo isto, deu lugar a creación dunha paxina web, lugar que actuaría a modo de plataforma onde todas as nosa creacións poderian ser vistas, dun xeito intuitivo.

FASE FINAL E CONCLUSIÓN

Tras acabar co proceso mais complexo, dábase inicio a outro que non iba a ser menos. A fase de edición e asimilación de información, fase na cal tivemos que transcribir todas aquelas entrevistas que rodamos, e por suposto, darlles unha forma uniforme mediante uso de programas de edición de audio e video, que tras unha serie de problemas que se impuxeron a que puidesemos terminar o proxecto a tempo, finalmente todo rematou de forma exitosa.

Membros do grupo: Alberto Insua, Bruno López, Bernal Muíños, Catuxa Prieto, Paula Rivas e Adriana Ruiz.


BIBLIOGRAFÍA

ABUÍN, Espe. O xeito pesca apoios en Bruxelas. La Voz de Galicia, 8 de decembro de 2014. [consulta: 20 de marzo de 2019]. Dispoñible en: https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2014/12/07/xeito-pesca-apoyos-bruselas/0003_201412G7P40993.htm

Datos de interese: serviunos como crónica ou síntese da problemática actual que presenta o xeito, relacionando a pesca tradicional en desuso cun asunto que transcorre nos nosos días.


AQUÍ LA TIERRA. Bote polbeiro, patrimonio gallego. RTVE, 16 de maio de 2018. [consulta: 25 de marzo de 2019]. Dispoñible en: http://www.rtve.es/alacarta/videos/aqui-la-tierra/aqui-tierra-bote-polbeiro-patrimonio-gallego/4603624/

Datos de interese: explica con detalle o funcionamento do bote polbeiro, como se empregaba para que os polbos picaran, cando se deixou de empregar e a forma da embarcación. É unha mostra documental completa do que é un bote polbeiro.


CONSELLO DA CULTURA GALEGA. O traballo na Costa da Morte. Arquivo sonoro de Galicia, abril de 1994. [consulta: 23 de marzo de 2019]. Dispoñible en: http://consellodacultura.gal/arquivos/asg/anosafala.php

Datos de interese: aporta máis información sobre a arte do “xeito” e como se realiza hoxe en día.


PRIETO PROL, Lino.Onde se vive o mar: Pequena guía de embarcacións. Salnés: Editorial Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, 2008. Dispoñible en:https://culturmar.org/publicacion/onde-vive-mar-pequena-guia-de-embarcacions/#page/1

Datos de interese: Recolle moitos exemplos de embarcacións desaparecidas, polo que mostra artes de pesca e modos de vida mariñeiros que hoxe en día están en desuso, é dicir, sobre a cultura marítima galega, xusto o que buscamos tratar neste traballo.


VIANA, Victor. Cando 20.000 mariñeiros se rebelaron contra o método capitalista de pesca dos cataláns. Historia de Galicia, 1 de Marzo de 2017. [consulta: 25 de marzo de 2019]. Dispoñible en:https://historiadegalicia.gal/2017/03/cando-20-000-marineiros-se-rebelaron-contra-o-metodo-capitalista-de-pesca-dos-catalans/?fbclid=IwAR0u2ZVeYAht7k6t5fR1HHqnrunClmoDaeujMIOHAGyn5DXnirQj2OHAsCY

Datos de interese: Aporta datos sobre como os métodos de pesca masiva que podían abaratar costes se impoñen sobre as tradicións e poden afectar ao sector pesqueiro de determinadas zonas.


XUNTA DE GALICIA. Artes e aparellos de pesca. Consellería do mar, s. data. [consulta: 19 de marzo de 2019]. Dispoñible en:https://mar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/investigacioneformacion/artesaparellosgalicia.pdf

Datos de interese: aportounos unha nova embarcación sobre a que traballar, o salabardo, que tamén se atopa en desuso, case desaparecida.


A lancha xeiteira. Consellería do mar, s. data. [consulta: 25 de marzo de 2019]. Dispoñible en: https://mar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/investigacioneformacion/lanchaxeiteira.pdf

Datos de interese: este texto abre a posibilidade de centrar o noso traballo na arte do xeito, xa que neste texto recóllese unha maneira desaparecida de realizar esta pesca que hoxe evolucionou pero que segue ao bordo da desaparición por un conflito ca normativa europea, que a considera pouco respetuosa co medio ambiente.


O bote polbeiro de Bueu. Consellería do mar, s. data. [consulta: 25 de marzo de 2019]. Dispoñible en: https://mar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/investigacioneformacion/botepolbeirobueu.pdf

Datos de interese: este documento resulta de importancia para o traballo debido a que recolle unha embarcación e unha arte de pesca desaparecidas, o tema do noso proxecto, polo que nos abre unha vía de investigación.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s